Inicio > Novas > Anuncio dunha activi...


Anuncio dunha actividade de formación para a preparacion dos test incluídos na oposición EPSO/AD/338/17

27/04/2017

Coincidindo coa convocatoria da oposición EPSO/AD/338/17 para a selección de Administradores xeneralistas (AD5), a Unidade de Apoio da Representación Permanente de España ante a Unión Europea anuncia a próxima celebración dunha actividade de formación para a preparación dos test de razoamento verbal, numérico e abstracto.

Imaxen asociada a nova  Esta actividade realízase co marco do vixente Plan de Acción para o fomento da presenza de españois nas Institucións Europeas.


CARACTERÍSTICAS DA ACTIVIDADE FORMATIVA

A actividade formativa ten un formato en liña. Os solicitantes admitidos reciben, de maneira gratuíta, un código para acceder a unha plataforma electrónica de formación.

A actividade componse de dous partes: información e autoformación.

Información:

Consiste en facilitar o acceso a información xa gravada en soporte weminar na que se explica a metodoloxía destas probas.

Autoformación:

Consiste na posta a disposición dos solicitantes admitidos dun paquete de 300 preguntas nunha plataforma en liña de formación para a preparación das citadas probas.

SOLICITUDES

Para participar na actividade formativa, os interesados deberán remitir un correo electrónico á dirección uda-formacion@reper.maec.es indicando no asunto "FORMACIÓN EN LIÑA OPOSICIÓNS AD5 XENERALISTAS 2017" incluíndo xustificante da inscrición na oposición de referencia e os seguintes datos:

- Apelidos e Nomee
- DNI ou pasaporte
- Lugar de residencia
- Dirección de correo electrónico para notificacións

O prazo de envío de solicitudes iniciarase ás 9,00 horas do luns 8 de maio de 2017 e finalizará ás 15,00 horas do xoves 11 de maio de 2017 (en ambos os casos hora de Bruxelas). Posteriormente, se elebaorará unha lista de admitidos e, chegado o caso, outra lista de reserva. Ambas se publicarán na páxina web desta Representación Permanente.

Dado que o número de códigos é limitado, atenderase ás solicitudes correctamente cumprimentadas, segundo a orde da súa recepción no correo electrónico indicado ata cubrir o número total de códigos dispoñibles.

Para mas info:

http://www.exteriores.gob.es/RepresentacionesPermanentes/EspanaUE/es/TrabajarenUE/Paginas/Procesos%20seleccion/Formaci%C3%B3n.aspx

https://epso.europa.eu/apply/job-offers/competition/2406/description_es



Concello de Lugo