Inicio > Novas > Mª Emilia Casas, des...


Mª Emilia Casas, designada membro independente da Autoridade para os partidos e as fundacións políticas europeas

26/05/2017

A Conferencia de Presidentes do PE designou a Mª Emilia Casas, como un dos dous novos cargos do comité de personalidades independentes da Autoridade para os partidos e as fundacións políticas europeas.

Imaxen asociada a nova  Mª Emilia Casas, ex presidenta do Tribunal Constitucional, contribuirá ao labor da Autoridade co fin de controlar que os partidos e fundacións cumpren cos valores da UE.


Carlo Casini, ex presidente da Comisión de Asuntos Constitucionais do PE, é a outra persoa designada pola Conferencia de Presidentes para o mesmo cargo. Este organismo está composto polos líderes dos grupos políticos e polo Presidente do Parlamento Europeo.

De acordo co Art. 11 do renovado Regulamento sobre partidos e fundacións políticas europeas (vixente desde o 1 de xaneiro de 2017), os membros do comité son seleccionados en base ás súas calidades persoais e profesionais. Non son membros do Parlamento Europeo nin titulares de mandatos e son totalmente independentes no exercicio da súa misión.

Contexto

A Autoridade para os partidos políticos europeos e as fundacións políticas europeas foi establecida para encargarse do seu rexistro e control, así como para impoñer as sancións aplicables de conformidade co Regulamento (UE, Euratom) n.º 1141/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de outubro de 2014, sobre o estatuto e o financiamento dos partidos e as fundacións políticas europeas (en diante, «Regulamento n.º 1141/2014»).



Concello de Lugo