Inicio > Novas > VI CONCURSO COMO VEN...


VI CONCURSO COMO VEN OS NENOS EUROPA

23/05/2017

Dinos que supón para ti formar parte da Unión Europea e ser Cidadán Europeo, antes do 2 de xuño envíanos as túas opinións, debuxos, manualidades... Se a túa obra é elixida, convidarémosche a presentarlla ás Institucións Europeas.

Imaxen asociada a nova A Asociación Europa Junior, coa colaboración da Secretaría de Estado da UE e as Institucións Europeas en España, lanza a VI Edición do Concurso "Como ven os nenos Europa?" dirixido a escolares de 6 a 12 anos.

Os nenos poderán expresar a súa visión sobre o que supón formar parte da Unión Europea e ser cidadáns europeos, a través de debuxos, vídeos, cartas, escritos, cómics, contos, fotografías, murais e manualidades.
Pódense presentar as obras ata o 2 de xuño. As propostas e ideas dos nenos serán entregadas ás Institucións Europeas. 

Hai tres categorías de participación:

- Infantil (de 6 a 8 anos)
- Junior (de 9 a 12 anos)
- Escuela Amiga de Europa

As bases de participación e a información do concurso está dispoñible no blogue Europ@
Junior (europajunior.blogspot.com). É o primeiro blogue sobre Europa para nenos e contén
noticias sobre a Unión Europea e os seus países, tamén ligazóns a xogos, contos, material
didáctico e recursos para profesores.
Europa Junior é unha asociación que achega a Unión Europea aos nenos a través dun proxecto
educativo dirixido a escolares e profesorado. As súas principais actividades son: talleres na aula,
recursos didácticos e proxectos europeos para centros de educación infantil e primaria.



Concello de Lugo