Inicio > Novas > Migración: o 73 % do...


Migración: o 73 % dos europeos e o 83 % dos españois quere que a UE interveña máis

31/05/2017

 Que medidas está a tomar o Parlamento Europeo?


Imaxen asociada a nova  Que medidas está a tomar o Parlamento Europeo?


Oficina Europea de Asilo

A comisión de Liberdades Civís do Parlamento Europeo apoiou a finais do ano pasado unha proposta para reforzar a actual Oficina Europea de Asilo (EASO) e transformala nunha verdadeira Axencia de Asilo da UE. O obxectivo é garantir unha distribución equitativa e sustentable dos solicitantes de asilo. A medida busca tamén proporcionar aos Estados membros os medios para axudar en situacións de crises e supervisar como as autoridades nacionais aplican a lexislación da UE. A Eurocámara negocia nestes momentos esta medida co Consello e a Comisión Europea.

Reforma das regras de asilo
 
A reforma das normas de asilo que se aplican a escala comunitaria, o denominado sistema de Dublín, foi obxecto dun informe parlamentario que foi presentado na comisión de Liberdades Civís en marzo. Os eurodeputados teñen agora que presentar as súas emendas. O sistema de Dublín determina que país é responsable para tramitar unha solicitude de asilo. Na actualidade, a norma xeral é que se encargue do caso o primeiro país polo que o demandante de asilo entrou na UE.
 
Recepción de demandantes de asilo
 
A harmonización das condicións de acollida para os solicitantes de asilo, así como a mellora das súas perspectivas de integración e autosuficiencia son dúas das peticións incluídas nun informe da comisión de Liberdades Civís aprobado en abril.
 
Que opinan os españois?

Máis do 80% dos españois queren que a UE interveña en maior medida na loita contra o desemprego, a fraude fiscal ou o terrorismo, entre outros asuntos.
 
Ante a pregunta de se lle gustaría que a UE interviñese máis en quince políticas concretas como medio ambiente, política económica, sanidade, migracións, etc., a porcentaxe de españois que desexan maior implicación da Unión Europea supera en todas as respostas a media da UE-28.

No caso concreto da migración, o 83 % dos españois desexa máis intervención da UE, fronte ao 73 % de media comunitaria.

Sobre a enquisa
 
Un total de 27.901 persoas de todos os países da UE responderon a este Eurobarómetro entre o 18 e o 27 de marzo de 2017.



Concello de Lugo