Inicio > Novas > Preparar o terreo pa...


Preparar o terreo para un futuro dixital brillante

27/07/2017

Un mercado único dixital impulsaría a innovación e reduciría a burocracia para crear empresas, á vez que garantiría a elección e a protección do consumidor. O Parlamento Europeo ha respondido así e dado a benvida á estratexia da Comisión Europea, a través dun informe de propia iniciativa. O informe servirá para elaborar as futuras iniciativas lexislativas, que necesitarán o visto e prace da Eurocámara para entrar en vigor.

Imaxen asociada a nova Os contidos multimedia e as ligazóns que lle ofrecemos neste dossier sobre o mercado único dixital axudaranlle a estar ao corrente da súa evolución.

O mercado único dixital é unha das grandes prioridades da Comisión Europea, cuxa estratexia pretende "xerar oportunidades para as persoas e as empresas". Esta estratexia inclúe, entre outras cuestións, modernizar a normativa sobre os dereitos de autor e simplificar as normas sobre o IVE. Tamén aborda temas como a repercusión na regulamentación das plataformas na internet e os patróns de consumo de medios de comunicación. A protección de datos é outro dos terreos cruciais.

Un informe encargado polo Parlamento Europeo calcula que aplicar o mercado dixital único achegaría ao produto interior bruto (PIB) europeo entre 415.000 e 500.000 millóns de euros ao ano.

No seu informe, o Parlamento acolle con satisfacción a estratexia da Comisión Europea e mostra a súa preocupación polos diferentes enfoques das regulamentacións nacionais sobre Internet e o mundo dos negocios na rede.

A recentemente aprobada normativa sobre o sector telecos é un paso esencial para a estratexia do mercado único dixital. Contempla garantías sobre a neutralidade da rede e acaba coas tarifas de itinerancia ou roaming en 2017.



Concello de Lugo