Inicio > Novas > Premio LUX de Cinema...


Premio LUX de Cinema: o Parlamento Europeo anuncia as tres pelĂ­culas finalistas

07/08/2017

O presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, anunciou, as tres películas que competirán nesta undécima edición polo premio LUX de Cinema: "BMP" (Beats per minute), de Robin Campillo (Francia); "Sámi blood", de Amanda Kernell (Suecia, Dinamarca, Noruega), e "Western", por Valeska Grisebach (Alemaña, Bulgaria, Austria).

Imaxen asociada a nova "BMP" (Beats per minute) do director francés Robin Campillo retrata a solidariedade, o sentido do humor e a determinación dun grupo de activistas que loitan por dar maior visibilidade ao problema da SIDA e por un avance máis rápido na prevención e curación na Francia de principios dos noventa.

 "Sámi blood", da directora sueca Amanda Kernell conta a historia dunha nena lapona de 14 anos que abandona a súa comunidade porque soña cunha vida diferente e ten que facer fronte a actitudes racistas.

 "Western", da directora alemá Valeska Grisebach, que utiliza a narrativa das películas do Oeste para abordar os problemas da inmigración económica e a integración e contar unha historia sobre traballadores alemáns nunha obra de construción dunha central hidroeléctrica en Bulgaria.

Chegada aos cinemas europeos

 Algúns cinemas europeos empezarán a proxectar estas películas nas próximas dúas semanas. Máis adiante, no outono, chegarán ás salas de cincuenta cidades de toda Europa e diversos festivais subtituladas nas 24 linguas oficiais da UE durante os chamados "Lux Filme Days", grazas ao apoio do Parlamento Europeo.

A película gañadora desta edición será elixida polos eurodeputados e anunciada o 15 de novembro no pleno de Estrasburgo en presenza dos directores.



Concello de Lugo