Inicio > Novas > Aberta a convocatori...


Aberta a convocatoria de subvencións 2017 para a cofinanciación de eventos relacionados co PE

17/08/2017

A  data de presentación de propostas finaliza o 15 de setembro de 2017 - O prazo máximo de execución dos proxectos será entre o 15 de decembro de 2017 e o 30 de xuño de 2018

Imaxen asociada a nova A Dirección Xeral de Comunicación (DG COMM) do Parlamento Europeo ha aberto unha nova convocatoria de subvencións para a cofinanciación de eventos dirixidos a promover e ampliar o coñecemento desta Institución, e difundir o seu traballo nos distintos ámbitos que interesan aos cidadáns da UE.


Os eventos inclúen as actividades, dixitais ou non (preferiblemente, cunha compoñente web), que respecten a pluralidade política da Institución, tales como seminarios, conferencias, debates, foros de discusión, exposicións, concursos, actividades deportivas ou culturais, que teñan como obxectivo ofrecer plataformas de comunicación aos cidadáns.

Estes proxectos poderán recibir ata un máximo do 60% de cofinanciación.

Á convocatoria de subvencións para eventos poderán presentarse organizacións sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas rexistradas durante polo menos dous anos, con sede nun dos Estados membros da Unión Europea.



Concello de Lugo