Inicio > Novas > Lugo celebra, no Día...


Lugo celebra, no Día Europeo das Linguas, que a riqueza está na diversidade

28/09/2017

As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico e Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, participaron este martes, na Praza Maior, nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Europeo dasLinguas, e deste xeito celebrar que a riqueza está na diversidade cultural e lingüística.

Imaxen asociada a nova  Unha vez máis, Lugo súmase a esta conmemoración con actividades gratuítas para convidar á veciñanza de Lugo, e especialmente aos nenos e nenas, sobre os conceptos da Unión Europea. Nesta xornada, na que a entidade local ofreceu contacontos, un muro das linguas, xogos de mesa e un trivial de Europa, o Concello tamén instalou unha mesa informativa, para tentar sensibilizar sobre a importancia de aprender distintos idiomas.

Ao longo da mañá tamén tiveron lugar distintas actividades dirixidas aos colexios públicos da zona norte da cidade na Sala multiusos do Espazo<Lab.



Concello de Lugo