Inicio > Novas > Os eurodeputados cri...


Os eurodeputados critican a falta de progreso nas conversacións para o brexit

02/10/2017

Os eurodeputados subliñaron a lentitude do progreso en cuestións como os dereitos dos cidadáns, Irlanda do Norte e os compromisos financeiros do Reino Unido.

Imaxen asociada a nova Os eurodeputados mantiveron o 3 de outubro un debate sobre as actuais negociacións para a saída do Reino Unido da UE, antes do cume que o Consello Europeo celebra os días 19 e 20 de outubro. Neste encontro os líderes dos países da UE decidirán se se lograron progresos suficientes para iniciar conversacións sobre a futura relación do Reino Unido coa UE, mesmo en cuestións como o comercio.

 
Durante o debate, os eurodeputados destacaron a falta de progresos nas prioridades da UE en materia de dereitos dos cidadáns, Irlanda do Norte e os compromisos financeiros pendentes do Reino Unido.
 
Guy Verhofstadt, o coordinador do Parlamento para o brexit, destacou a facilidade con que se podería avanzar se houbese vontade: "Demos os mesmos dereitos aos cidadáns da UE que viven no Reino Unido que os que teñen agora. E fagamos o mesmo polos cidadáns do Reino Unido que vén na UE agora".
 
"Pregúntome por que aínda estamos a discutir isto. Isto pódese resolverse, de feito, inmediatamente", engadiu.
 
Os eurodeputados tamén adoptaron unha resolución na que afirman que non se lograron progresos suficientes. 



Concello de Lugo