Inicio > Novas > Os eurodeputados pid...


Os eurodeputados piden que se poña fin á discriminación dos romaníes.

04/10/2017

 Os eurodeputados votarán este xoves, 28 de setembro, un informe no que reclaman garantir a igualdade de dereitos dos romaníes e poñer fin o odio cara a eles.

Imaxen asociada a nova A eurodeputada socialista sueca, Soraya Post, responsable do informe no Parlamento, explícanos nunha entrevista o propósito desta iniciativa coa que a Cámara pide "nada máis, pero tampouco menos para a poboación romaní que para a maioría da sociedade", segundo o texto que votarán os membros da comisión parlamentaria de Liberdades Civís.

 
A igualdade e a non discriminación están consagrados nas nosas constitucións e tratados da UE, pero non sempre se cumpren na práctica. A comunidade romaní sufriu a discriminación desde hai séculos e a súa situación non parece mellorar, os estereotipos seguen prevalecendo.
 
A situación dos romaníes en cifras
 
Segundo os últimos datos da axencia europea para os Dereitos Fundamentais, o 80 por cento dos xitanos viven por baixo do limiar de pobreza do seu país e a metade dos nenos e mozos de entre seis e vinte e catro anos non asisten á escola.
 
A enquisa eurobarómetro de 2015 sobre a discriminación na UE mostrou que o 20 % dos participantes recoñecía que estaría incómodo se tivese que traballar cun xitano, e só o 45 % di que non tería problema se o seu fillo ou a súa filla tivese unha relación cun romaní. 
"Ninguén quere ser pobre. Ninguén quere vivir como o gando. Ninguén quere non enviar aos seus fillos á escola. Ninguén quere vivir sen electricidade nin auga", destaca na entrevista Post, quen é romaní.
 
"Se imos ser unha Unión orgullosa, non podemos selo mentres teñamos entre 10 e 12 millóns de persoas que viven totalmente excluídas de todo", engade.



Concello de Lugo