Inicio > Novas > Principais normas de...


Principais normas de seguridade para os buques de pasaxe

09/10/2017

 As augas da UE atópanse entre as máis seguras do mundo, pero o Parlamento cre que aínda así hai espazo para mellorar as normas existentes.

Imaxen asociada a nova  A Cámara votará as novas normas o próximo 4 de outubro. Un dos principais cambios é que as autoridades nacionais recibirán en formato dixital os datos dos pasaxeiros de barcos que partan ou cheguen a portos dos Estados membros nun prazo de tan só 15 minutos.

O obxectivo é facilitar o rescate en caso de emerxencia e que as familias conten con datos precisos para saber se o seu parente estaba a bordo do buque.
A seguridade no transporte é clave, por iso fóronse creando regras estritas ao longo do tempo.
Na actualidade, a lexislación vixente xa garante os niveis máximos de seguridade. Con todo, como se producen actualizacións constantes, hai regras que se solapan, están desfasadas ou non son suficientemente claras.
As novas normas servirán precisamente para simplificar e aclarar as regras existentes, á vez que mellorarán os estándares técnicos en materia de seguridade e eficiencia.

Actualización: o pleno do Parlamento Europeo deu o seu respaldo ás novas normas na votación do 4 de outubro de 2017.



Concello de Lugo