Inicio > Novas > Drogas: o Parlamento...


Drogas: o Parlamento quere criminalizar novas substancias psicoactivas

24/10/2017

Os eurodeputados valoran prohibir novas substancias daniñas para a saúde e axilizar a súa retirada do mercado.

Imaxen asociada a nova O pleno vota o martes unha actualización das normas existentes que permitirá declarar ilegais e retirar do mercado con máis rapidez as novas drogas sintetizadas. Estas substancias fabrícanse a partir de compoñentes legais, pero poden ter efectos similares ás drogas ilegais como a heroína e a cocaína. Cada ano aparecen máis dun centenar de novas substancias psicoactivas. A lexislación adaptada fará posible que existan sancións similares en toda a Unión Europea.

 
O Parlamento quere que os países da UE engadan estas novas substancias ás súas listas de drogas ilegais e que se acurten os prazos do sistema de alerta temperá, de maneira que a avaliación, prohibición e retirada do mercado sexa máis rápida.
 
Criminalización
 
Estas novas substancias psicoactivas "véndense por internet, pódense fabricar en China, en India, e non se estaba penalizado, criminalizado, nin a súa fabricación nin a súa venda", asegura a eurodeputada española Teresa Jiménez-Becerril (Partido Popular Europeo), unha das responsables da negociación ao seu paso polo Parlamento.
 
A utilización persoal de novas substancias non se considerará un delito, pero os eurodeputados queren castigar aos produtores, subministradores e distribuidores cunha pena máxima de polo menos dez anos.
 
"Debemos loitar contra as bandas de delincuencia organizada que están a distribuír este tipo de substancias, que son moi perigosas para a saúde das persoas", sostén, pola súa banda, o eurodeputado polaco Michal Boni (Partido Popular Europeo), autor do informe sobre o sistema de alerta temperá.

Que cambiará?
 
Os cambios, xa acordados cos países da UE no Consello, reducen os prazos para determinar os riscos que presentan as novas substancias psicoactivas (NPS, en inglés). A duración do proceso redúcese a case a metade. Refórzase tamén o papel de Europol na avaliación da implicación de organizacións criminais na produción e distribución das drogas.
 
En liña co establecido para outras drogas ilícitas, a produción, distribución e venda das substancias máis perigosas por parte de grupos criminais poderá ser castigado con penas máximas de polo menos dez anos de prisión.



Concello de Lugo