Inicio > Novas > Cancro ocupacional: ...


Cancro ocupacional: os traballadores estarĂ¡n mellor protexidos

30/10/2017

A normativa vixente que limita as substancias cancerígenas e mutágenas no traballo data de hai máis de 10 anos.

Imaxen asociada a nova O cancro é o maior risco para a saúde relacionado co traballo na UE. Os eurodeputados queren novas regras para protexer mellor aos traballadores da exposición a carcinógenos e mutágenos.

 
"Non deberías morrer polo teu traballo", sinala a socialdemócrata sueca Marita Ulvskog na nosa entrevista. A eurodeputada incide en que ir traballar "non debería ser algo que che poña en risco e onde poidas perder a vida".
 
Datos e cifras
 
O cancro é a primeira causa de morte relacionada co traballo na Unión Europea.

Anualmente, o 53% das mortes ocupacionais están relacionadas co cancro; o 28% con enfermidades circulatorias, e o 6% con enfermidades respiratorias.
Os tipos máis comúns de cancro ocupacional son o cancro de pulmón, o mesotelioma (causado pola exposición a partículas de amianto) e o cancro de vejiga.

Segundo as estimacións da OMS, unha de cada dez mortes por cancro de pulmón está estreitamente relacionada cos riscos no lugar de traballo.

Os sectores particularmente afectados son a construción,  a fabricación de produtos químicos, a industria do automóbil e do moble, a fabricación de produtos alimenticios e téxtiles, a industria madeireira e o sector sanitario.
 
O papel do Parlamento
 
Os eurodeputados deron o visto e prace no pleno do 25 de outubro ás novas e máis estritas regras para eliminar e reducir os carcinógenos e mutágenos, axentes químicos que poden causar cancro ou mutacións xenéticas, no lugar de traballo.

As novas regras agregarán once substancias daniñas á lista de materiais suxeitos aos límites de exposición, impoñerán un seguimento máis estreito dos materiais que poden afectar á fertilidade e á función sexual, e obrigarán aos empleadores a avaliar mellor os riscos para os seus traballadores.

O obxectivo é contribuír a salvar ata 100.000 vidas nos próximos 50 anos.



Concello de Lugo