Inicio > Novas > Fronteras más inteli...


Fronteras más inteligentes en Europa

06/11/2017

El Parlamento Europeo dará luz verde a un nuevo sistema electrónico común que agilizará los controles en las fronteras exteriores del espacio Schengen. Asimismo, registrará información sobre los nacionales de terceros países, lo que facilitará la detección de fraudes. Agustín Díaz de Mera (EPP) explica los principales objetivos de esta nueva legislación.

Imaxen asociada a nova Trátase de crear, a través da proposta lexislativa, un sistema integrado de control das fronteiras exteriores da Unión Europea. Do que se trata é de eliminar o sistema de selado de pasaportes. A consecuencia, obviamente, é máis axilidade na entrada para o visitante do terceiro país, porque os seus datos quedan acumulados no sistema e a próxima vez que entre non necesitará sufrir nin longas colas nin controis específicos, porque os seus datos xa estarán recollidos no sistema. 


Do que se trata é de evitar que, cando as persoas que entraron legalmente esgotan o seu prazo de permanencia na Unión Europea e quedan, o sistema integrado de control de fronteiras poida detectar estes problemas para evitar a permanencia ilícita ou ilegal. 

Basicamente, a utilización do recoñecemento facial e catro pegadas dixitais, ademais dos datos alfanuméricos para, integrados no sistema, poder evitar a falsificación reiterada de documentos de viaxe. 

Unha das modalidades é que poden acceder as forzas e corpos de seguridade do Estado, e do cruzamento de datos e de informacións pódense derivar alertas temperás ou se poden derivar consecuencias que imposibiliten feitos como o que ocorreu no mercado do Nadal de Berlín, onde ataca un terrorista e despois púidose determinar que este terrorista utilizara quince identidades diferentes. Co sistema de entradas e saídas isto será imposible ou moi difícil.



Concello de Lugo