Inicio > Novas > Crise de refuxiados:...


Crise de refuxiados: entender a reforma de Dublín

20/11/2017

O sistema de asilo europeo colapsou debido á crise de refuxiados. A reforma de Dublín debería facelo máis xusta e sustentable. 

Imaxen asociada a nova  A chegada de socilitantes de asilo á UE en 2015, que excedeu o millón de persoas que fuxían de conflitos ou da persecución, deixou claro que o regulamento de Dublín non responde as necesidades actuais.

"Deberiamos ter un sistema que funcione con independencia de se o fluxo de chegada de persoas é maior ou menor, para non ter que implementar medidas de urxencia?, sinalou nunha entrevista -previa ao voto da comisión parlamentaria de Liberdades Civís do 19 de outubro de 2017- a eurodeputada demócrata liberal sueca Cecilia Wikström, encargada desta negociación no Parlamento Europeo.

Wikström destaca no seu informe que existen tres prioridades crave da reforma: 

Que os países da UE compartan a responsabilidade fronte aos solicitantes de asilo.

Que os Estados membros con fronteiras externas, que son o punto de entrada na UE, rexistren a todas as persoas que cheguen ao seu territorio, así como que protexan e manteñan as fronteiras exteriores da Unión.

Que as persoas que necesitan protección internacional poidan recibila moito máis rápido e que aquelas que non teñen dereito a recibir asilo sexan devoltas aos seus países de orixe de maneira rápida e digna.

Coñeza outras accións en curso para mellorar o Sistema Europeo Común de Asilo
O pleno do Parlamento Europeo deu a súa luz verde para negociar co Consello a reforma do sistema de asilo o 16 de novembro de 2017 en Estrasburgo (Francia).



Concello de Lugo