Inicio > Novas > Os gañadores do Prem...


Os gañadores do Premio Carlomagno da Mocidade presentan os seus proxectos

27/11/2017

A Cámara reuniu aos tres gañadores desta edición e aos das pasadas en Bruxelas para conmemorar o décimo aniversario do premio.

Imaxen asociada a nova O Premio  Carlomagno da Mocidade concédese cada ano a mozos de entre 16 e 30 anos, que participan en proxectos que fomentan a integración europea e o desenvolvemento dunha conciencia común entre os mozos. 


Os gañadores tiveron a oportunidade de coñecer ao presidente do Parlamento Europeo, Antonio  Tajani, e de presentar os seus proxectos ante a comisión parlamentaria de Cultura. 

Ademais, durante os tres días que estiveron na capital europea visitaron as instalacións da  Eurocámara, así como o centro de visitantes  Parlamentarium e a Casa da Historia Europea. 

Entre os gañadores doutras edicións que acudiron a Bruxelas este ano figuran tres españois: Borja de Jorge  Cañaveras, gañador do premio en 2015 polo seu xornal dixital universitario “a  call  for  Europe”; Mara  Hold, por “    Erasmus  Esccna  Ellropco  Theatre”, e Jorge Sánchez Hernández, por “ Europe  on  Track”.

Os gañadores de 2017

Todos o tres galardoados desta edición coincidiron en que este premio supuxo un recoñecemento ao seu traballo e deulles un novo impulso para seguir adiante cos seus proxectos. 

“Dásche conta de que o que fas de maneira voluntaria axuda a outras persoas e estas valórano”, explica a polaca Gabriela  Jelonek, que recibiu o primeiro premio polo seu programa de radio sobre a bolsa Erasmus, “Erasmus  evening”. Este recoñecemento abriulle portas laborais: algunhas radios polacas e estranxeiras ofrecéronlle traballo.

Para o holandés  Ties  Gijzel, era a primeira vez que a súa páxina web, “ Are  We  Europe”, que se fixo co segundo premio, recibía “un maior recoñecemento”. “O premio deunos máis enfoque e confianza”, engadiu  Gijzel, quen, xunto a outros tres compañeiros, na que os mozos de toda Europa poden contribuír coas súas historias ao tema que se trate en cada mes.  

A terceira galardoada, a danesa  Monika  Elend, subliñou que o premio lles inspirou para querer facer máis. Xunto a outros mozos, organizou o evento cultural “ Re- discover  Europe” na  euroescéptica cidade de Aalborg, ao norte de Dinamarca. O encontro centrouse no futuro de Europa e na diversidade multicultural.
   
Inscricións para a próxima edición
 
Todos os interesados en participar na edición 2018 do Premio  Carlomagno teñen ata o 29 de xaneiro para presentar a súa candidatura. Os participantes deben ter entre 16 e 30 anos e estar á fronte dun proxecto de dimensión europea.

Os tres proxectos gañadores recibirán un total de 15.000 euros: 2.500 euros para o terceiro premio; 5.000, para o segundo, e 7.500, para o primeiro gañador. Máis información sobre o proceso de inscrición, na páxina web sobre o Premio  Carlomagno.



Concello de Lugo