Inicio > Novas > Plan de investimento...


Plan de investimentos europeo: un impulso para o crecemento económico

18/12/2017

Os eurodeputados aprobaron o 12 de decembro ampliar o Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos, que mobiliza o investimento e financia proxectos innovadores

Imaxen asociada a nova O coñecido como “plan  Juncker”, que financia unha ampla variedade de proxectos na Unión Europea, estenderase ata 2020 e a súa dotación elevarase a 500.000 millóns de euros.


En España, segundo os datos de novembro de 2017 da Comisión Europea, o financiamento con cargo a este plan de investimentos ascende a 5.156 millóns de euros e espérase que xere investimentos adicionais por valor de 30.812 millóns de euros.
En que consiste este plan de investimentos
Este fondo, dotado inicialmente con 315.000 millóns de euros, estableceuse en 2015 para mobilizar o investimento público e privado e impulsar a recuperación da economía europea nun período de tres anos. Propúxoo o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude  Juncker, como resposta á falta de investimento durante a crise que dificultou o financiamento de moitos proxectos innovadores pero de alto risco.

Os proxectos que financia son variados. Poden ser de infraestrutura, investigación e innovación, educación, saúde, así como de tecnoloxías da información e comunicación, entre outros ámbitos.

O “plan  Juncker”, que opera no seo do Banco Europeo de Investimentos, fomenta a participación de investimentos privados en novos proxectos de investimento ao asumir parte do risco.



Concello de Lugo