Inicio > Novas > Novas regras para ve...


Novas regras para ver máis televisión no estranxeiro

19/12/2017

O Parlamento Europeo aprobou comezar as negociacións sobre as novas regras para poder ver máis televisión na internet en toda a UE.

Imaxen asociada a nova  O martes 12 de decembro, o pleno do Parlamento acordou comezar as negociacións sobre as novas normas dirixidas a facilitar a distribución de contido en liña en toda a Unión Europea.

Máis da metade dos usuarios da internet da UE ven a televisión a través de internet. Con todo, aos organismos de radiodifusión e outros operadores resúltalles difícil eliminar os dereitos dos seus servizos en liña ou dixitais cando desexan ofrecelos noutros países da UE.
O regulamento en cuestión céntrase en como ofrecer ás persoas que se atopan noutro Estado membro acceso aos programas informativos e de actualidade en liña. Os organismos de radiodifusión, que desexan ofrecer un programa en liña en todos os países da UE, terían que aprobar os dereitos nun só país.
En maio de 2017, o Parlamento aprobou novas regras para outorgar aos consumidores o dereito de utilizar as súas subscricións en liña a entretementos como películas e música cando están lonxe do seu país de orixe, por exemplo, en vacacións ou viaxes de negocios.

Próximos pasos

As negociacións cos gobernos da Unión Europea sobre a lexislación final comezarán cando os gobernos dos Estados membros adopten a súa posición.



Concello de Lugo