Inicio > Novas > Melloras no sector d...


Melloras no sector dixital na Unión Europea

26/12/2017

O Parlamento traballa para acabar co bloqueo xeográfico ao comprar en liña, conseguir gastos de envío máis baratos e protexer aos consumidores fronte a produtos defectuosos.

Imaxen asociada a nova  Compras por internet: fin do bloqueo xeográfico



A maioría dos sitios web de compras da Unión Europea, segundo os datos que manexa a Comisión, non permiten que os consumidores compren desde outro país europeo. Este Nadal, con todo, poden ser as últimas nas que as empresas utilicen o  geo-bloqueo, grazas a un acordo provisional ao que chegaron o Parlamento Europeo e os gobernos dos países da Unión para acabar coas restricións xeográficas nas compras por internet.

No Nadal de 2018, os internautas poderían facer as súas compras en liña nas páxinas web que elixan, sen ser redirixidos polas empresas a páxinas do seu país de orixe para que non se poden beneficiar de mellores prezos.

As novas normas aplicaranse a produtos e servizos como electrodomésticos, aparellos electrónicos, roupa, reservas en hoteis, alugueres e entradas para eventos.

Gastos de envío máis económicos


Abrir o mercado en liña europeo implica mellorar as condicións de repartición dos paquetes así como a protección dos consumidores. Para conseguir abaratar e facer máis eficientes as reparticións transfronteirizas de paquetes, os eurodeputados pediron que se regulen os prezos en toda a Unión Europea.

Fallos nos contidos dixitais


En novembro de 2017 aprobáronse as primeiras normas da Unión Europea para protexer aos compradores que se enfrontan a contidos ou servizos dixitais defectuosos. Segundo esta normativa, os compradores en liña terán dereito a reparacións ou reembolsos no caso de que os xogos, aplicacións ou cancións comprados por internet non funcionen ou non correspondan coa súa descrición inicial.

Streaming sen fronteiras


En maio de 2017, os eurodeputados aprobaron as novas normas que permitirán aos europeos que leven de vacacións as súas subscricións a servizos audiovisuais en liña. Poderán acceder sen límites xeográficos a películas, series de televisión, eventos deportivos, música e videoxogos, sempre que a súa estancia noutro país da UE teña carácter temporal. Os Estados membros deben aplicar a nova regulación ao longo de 2018.


Conexión a internet gratuíta e rápida


Para gozar do contido dixital, os internautas necesitan conexións de alta velocidade e de calidade. As solicitudes para que as entidades públicas poidan beneficiarse da estratexia WIFI4 EU (“wifi para a UE”), que promove a conexión inalámbrica de alta velocidade gratuíta nos espazos públicos da UE, abriranse probablemente a principios do próximo ano.


Fin das recargas por usar o móbil noutro país da UE


Desde o 15 de xuño de 2017, todos os europeos poden utilizar o móbil noutro país da UE e pagar o mesmo que en casa. Ademais, o pasado outubro, a comisión de Industria propuxo abaratar as chamadas entre os países da Unión.



Concello de Lugo