Inicio > Novas > V Concurso de Fotogr...


V Concurso de FotografĂ­a "Patrimonio Cultural Europeo, preto de ti!"

09/05/2018

 Europe Direct Lugo e Europe Direct A Coruña convocan o V Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia.

Imaxen asociada a nova  Europe Direct Lugo e Europe Direct A Coruña, con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, convocan o V Concurso de Fotografía Cidadáns Europeos en Galicia a través da súa páxina de Facebook: https://facebook.com/concursociudadanoseuropeosengalicia


O lema deste concurso é: “Patrimonio cultural europeo preto de ti!”. Mediante esta iniciativa buscan animar a todas aquelas persoas maiores de idade e residentes en Galicia a tomar fotografías de aquilo que represente para eles o patrimonio cultural  (material, inmaterial, natural e dixital). Así, as imaxes poden reflectir paisaxes, tradicións, costumes, arte, folclore, gastronomía - entre outros moitos temas - de calquera país da Unión Europea. 


As persoas interesadas en participar poden enviar as súas imaxes ao correo electrónico ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com desde o 9 de maio ata o 27 de maio. 


Podes consultar as bases a través da seguinte ligazón:

https://bit.ly/2wqlNuf



Concello de Lugo