Inicio > Novas > Comeza a Semana Verd...


Comeza a Semana Verde 2018

22/05/2018

Este é o maior evento ambiental de Europa, que ten lugar do 21 ao 25 de maio, e que tratará este ano sobre a ecoloxización das nosas cidades.

Imaxen asociada a nova No día de onte, en Utrecht, comezou a Semana Verde de 2018, que pon o foco na ecoloxización das nosas cidades. A UE prepárase para adoptar novas normativas sobre a xestión dos residuos, entre as que se inclúe unha reciclaxe moito máis estricta dos residuos urbanos e o obxectivo de reducir os vertedoiros,

As normativas, que farán do sistema de xestión dos residuos de Europa o máis avanzado do mundo, establecen obxectivos para que o 55 % dos residuos urbanos se reciclen para 2025, o 60 % para 2030 e o 65 % para 2035. Outro obxectivo é garantir que só o 10 % ou menos dos residuos urbanos chegue aos vertedoiros para 2035. A recollida selectiva de residuos biolóxicos será obrigatoria para 2023. As normativas axudarán ás cidades a reducir os residuos, impulsar a reciclaxe e fomentar novas ideas para reutilizar os artigos, que as converterá nas campioas da economía circular.

As cidades marcan o camiño

Coa expectativa de que máis do 80 % dos europeos viva nunha zona urbana para 2020, a presión ambiental nas cidades está a crecer rapidamente. Desde plans para pasar a ser neutras en carbono á planificación urbana sustentable, moitas cidades como as Capitais Verdes da UE e as cidades Folla Verde da UE están a abordar estes retos. A UE está a apoiar a súa transición durante todo o proceso a través de normativas, ferramentas e dotación financeira.

A Semana Verde da UE de 2018 é a ocasión ideal para descubrir como facer que se produza ese cambio.

Que está a facer a UE?

A través de eventos en toda Europa, e unha gran conferencia sobre políticas en Bruxelas, a Semana Verde da UE demostrará como está a traballar a Unión Europea para as cidades e os cidadáns e cidadanas. A semana inaugurarase oficialmente o 21 de maio en Utrecht (Países Baixos) e o seu clausura será o 25 de maio en Madrid (España). O cume de alto nivel sobre as Cidades Verdes da UE terá lugar en Bruxelas do 22 ao 24 de maio.

A nosa atención nas deliberacións centrarase en como poden aplicarse de forma máis eficaz as normativas da UE sobre residuos, auga e aire, por exemplo, a través da Axenda Urbana da UE. Algunhas das asociacións na Axenda Urbana, tales como a economía circular, a mobilidade urbana e a calidade do aire, tratan especificamente con problemas ambientais. Como integrar a sustentabilidade no corazón dos procesos de planificación das cidades será outro dos temas entre decenas de sesións temáticas.

Para axudar ás cidades a desenvolver estratexias urbanas sustentables, a Semana Verde será testemuña do lanzamento da nova Green City Tool que permitirá ás cidades valorar o seu rendemento ecolóxico e cualificarse respecto doutras cidades. É unha fonte de información para ideas verdes e de planificación urbana sustentable.

A noite do 23 de maio anunciaranse os Premios LIFE, que recoñecerán os proxectos LIFE máis innovadores, inspiradores e eficaces nos campos da protección da natureza, o medioambiente e a acción climática.

Únete ao movemento

Moitos cidadánse ciudadanas están a unirse ao movemento cara a unhas cidades máis sustentables. A nivel local, as accións inspiradas polo concepto da economía circular están a cobrar forza, coa apertura de cafés-restaurantes de reparación, cada vez máis iniciativas para substituír os plásticos e un aumento da xardinaría urbana.

Participa na Semana Verde da UE nos eventos de colaboradores que teñen lugar en toda a UE, na nosa conferencia sobre políticas de alto nivel en Bruxelas, o acto de lanzamento en Utrecht, o acto de clausura en Madrid, ou en liña por Twitter e retransmisións en directo.

Únete ao movemento e goza da mellora, #EUGreenWeek



Concello de Lugo