Inicio > Novas > Evento Europeo da Mo...


Evento Europeo da Mocidade: 8000 mozos e mozas europeos visitarán o Parlamento Europeo do 1 ao 2 de xuño.

24/05/2018

 Debatirán sobre o futuro de Europa durante o #EYE2018.

Imaxen asociada a nova

 "Europa necesita novas ideas, agora máis que nunca", sostivo o presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, nunha carta dirixida aos participantes. 

A menos dun ano das eleccións europeas de 2019, que se celebran entre o 23 e o 26 de maio, mozos e mozas de toda Europa reuniranse na sede do Parlamento Europeo de Estrasburgo (Francia), do 1 ao 2 de xuño, para intercambiar ideas e establecer as súas prioridades para o futuro de Europa.

Participarán en talleres, debates e distintas actividades cos eurodeputados. En xullo, un informe coas ideas máis concretas discutidas durante o evento distribuirase a todos os deputados ao Parlamento Europeo. 

Temática do # EYE2018

O evento europeo da mocidade deste ano centrarase en cinco temas principais: 

  • Rico e pobre: petición dunha repartición equitativa. 
  • Seguro e perigoso: sobrevivir en tempos difíciles. 
  • Aparte e xuntos: traballar por unha Europa máis forte. 
  • Vello e novo: manterse ao día coa revolución dixital.
  • Local e global: protexer o noso planeta. 
Entre os invitados confirmados atópanse o expresidente francés Valery Giscard d'Estaing, os galardoados do premio Sájarov Aji Bashar e Denis Mukwege, a comisaria europea de Asuntos Sociais, Marianne Thyssen e o exministro de Finanzas grego Yanis Varufakis.

Mensaxe do presidente Tajani 

Nunha carta dirixida aos participantes, o presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, lembrou que aínda que as próximas eleccións europeas terán lugar nun contexto de crecemento económico renovado, o desemprego xuvenil segue sendo moi alto. 

“Só cun compromiso real dos cidadáns de Europa, pero especialmente dos mozos en quen creo tanto, a UE pode superar os desafíos da economía cambiante, a migración e o cambio climático", sostivo.



Concello de Lugo