Inicio > Novas > Corpo Europeo de Sol...


Corpo Europeo de Solidaridade

18/06/2018

O Corpo Europeo de Solidariedade é unha nova iniciativa da Unión Europea cuxo obxectivo é crear oportunidades para que os mozos traballen como voluntarios ou colaboren en proxectos —nos seus propios países ou no estranxeiro— que beneficien a comunidades e cidadáns de toda Europa.

Imaxen asociada a nova Os mozos que participen no Corpo Europeo de Solidariedade aceptarán e defenderán os seus obxectivos e principios.

Para inscribirche no Corpo Europeo de Solidariedade debes ter 17 anos, pero non poderás empezar o proxecto ata que cumprises os 18. Nos proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade poderán participar persoas de ata 30 anos.
 
Tras un sinxelo proceso de inscrición, realizarase a selección dos participantes, que poderán incorporarse a unha ampla gama de proxectos relacionados, por exemplo, coa axuda á prevención de catástrofes naturais ou á posterior reconstrución, a asistencia en centros de acollida de solicitantes de asilo ou outros problemas de tipo social.

Os proxectos do Corpo de Europeo de Solidariedade terán unha duración comprendida entre dous meses e un ano. Polo xeral desenvolveranse dentro dos Estados membros da Unión Europea.

Para que te fagas unha idea xeral da situación das inscricións e os postos cubertos e atopar exemplos de actividades en diferentes países, le o documento que achegamos nesta nova.

Se che interesa podes inscribirte a través desta web: https://bit.ly/2LZusXj

Preguntas habituais e máis información: https://europa.eu/youth/solidarity/faq_es



Concello de Lugo