Inicio > Novas > Curso de Iniciativ...


Curso de Iniciativa Emprendedora na Fundación CEL

22/06/2018

 A Fundación CEL Iniciativas por Lugo acollerá durante o período estival un Curso de Iniciativa Emprendedora, impulsado pola Escola de Organización Industrial (EOI) no marco do programa LugoWork da Deputación Provincial de Lugo e financiado, polo Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil.


Imaxen asociada a nova  Trátase da segunda edición desta acción formativa xa desenvolvida o pasado ano con notable éxito de participación e resultados, e na que como novidade este ano, colabora a propia Confederación de Empresarios de Lugo.

O obxectivo principal deste programa formativo é fomentar a cultura e a iniciativa emprendedora dos mozos que se atopen en situación de desemprego, dotándolles dunha formación de calidade para que poidan incorporarse á actividade laboral a través do autoemprego.
Poderán inscribirse todos aqueles mozos, menores de 30 anos, en situación de desemprego e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que están a valorar crear a súa propia empresa e teñan interese en aprender a xestionar con éxito as distintas áreas funcionais da mesma (planificación estratéxica, modelo de negocio, márketing, comunicación, finanzas, fiscal, mercantil).
A través deste curso axudarase aos asistentes para formarse para transformar unha idea empresarial nun proxecto viable, estimulando a súa creatividade e orientándolles na definición do seu modelo de negocio mediante metodoloxía  LeanStartup. Fomentarase así mesmo o uso de TIC como elemento de innovación e diferenciación na idea de negocio.
O curso impartirase do 03 da o 27 de xullo de 2018, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, sendo o total de horas de formación que recibirá cada alumno de 95, todas presenciais, 90 de carácter  grupal, e 5 adicionais de  tutorización individual e personalizada por participante (ou proxecto empresarial) sobre todos os aspectos relacionados coa creación dunha empresa (modelo de negocio, márketing, procura de financiamento, subvencións, trámites de constitución e posta en marcha, e titorías sobre temas concretos clave para o desenvolvemento de cada proxecto empresarial participante).
Os alumnos que finalicen con éxito este curso recibirán ademais, apoio para a posta en marcha do seu negocio ( tutorización e acompañamento) a través dos servizos técnicos da  CEL e a propia Fundación  CEL.
Programa
Inscrición



Concello de Lugo