Inicio > Novas > Café con Europa en G...


Café con Europa en Galicia: os debates sobre Europa para moz@s chegan a Monforte de Lemos e Riveira

26/06/2018

 Ambos Cafés con Europa irán seguidos dun debate sobre o Futuro de Europa para involucrar aos cidadáns de todas as idades. 

Imaxen asociada a nova

Bruxelas 14 de xuño de 2018. Café con Europa é un espazo de conversación e debate informal sobre a Unión Europea dirixido aos mozos e organizado pola Representación das Institucións Europeas en España que, no mes de xullo, contará con dous eventos en Galicia para falar de emprego, mobilidade, formación, dereitos sociais... O primeiro “café” terá lugar en Monforte de Lemos o luns 2 de xullo e, o segundo, en Riveira, o martes 3 de xullo. 

En Monforte de Lemos o encontro coas Institucións Comunitarias, adicado á xuventude, terá lugar ás 18:00 no Museo do Centro do Viño da Ribeira Sacra, situado na Rúa do Comercio, 6. De dinamizar a discusión e achegar Europa aos mozos encargaranse o conselleiro de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde; a xefa da prensa da Comisión Europea en España, Teresa Frontán, e o alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé. 

Ás 20.00 horas estes mismos participantes dinamizarán un debate sobre o Futuro de Europa dirixido a todas as idades, no que se tratarán os temas de maior interese para os cidadáns presentes. 

No caso de Riveira, o evento, que tamén contará con representantes do Parlamento e da Comisión Europea,  dará comezo ás 13:00 horas no Club Náutico Deportivo de Riveira, ubicado no Porto Deportivo. 

Os poñentes da xornada serán a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a xefa da prensa da Comisión Europea en España, Teresa Frontán, e o alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, que, ademais de dinamizar o Café con Europa, protagonizarán tamén un debate sobre o Futuro de Europa ás 17 horas na Praza do Concello. 

A axenda márcala ti, falarase dos temas que máis che interesen, inscríbete e participa! 

Máis información:
Café en Monforte de Lemos
Café en Riveira 



Concello de Lugo