Inicio > Novas > A economía azul da U...


A economía azul da UE, cada vez máis importante

28/06/2018

En varios estados membros da UE, na última década, a economía azul creceu máis rápido que a economía nacional. 
Reino Unido, España, Italia, Francia e Grecia teñen as economías azuis máis grandes de Europa.
A estratexia de crecemento azul do Porto de Vigo, exemplo a nivel europeo. 

Imaxen asociada a nova

A economía azul está a crecer de maneira constante en Europa, de acordo co primeiro informe anual da UE sobre a economía azul. Cunha facturación de 566 mil millóns de euros, o sector xera 174 mil millóns de valor agregado e crea postos de traballo para case 3,5 millóns de xente. Entre os exemplos de boas prácticas recollidos no informe aparece a estratexia de crecemento azul do Porto de Vigo. 

A economía azul representa todas as actividades económicas relacionadas cos nosos océanos, mares ou áreas costeiras. Abarca sectores establecidos como a pesca, a construción naval e o turismo, así como as industrias emerxentes, incluídas a enerxía oceánica e a biotecnoloxía. En varios estados membros da UE, a economía azul creceu máis rápido que a economía nacional na última década. Durante a crise financeira, a economía azul demostrou ser máis resistente neses estados membros, suavizando os efectos da recesión nas economías costeiras.

O informe presenta o estado actual e as tendencias recentes nos seis sectores establecidos de economía azul en diferentes Estados membros da UE, para obter unha idea de onde se poden atopar novas oportunidades e unha vantaxe competitiva sustentable.

Os cinco grandes

O Reino Unido, España, Italia, Francia e Grecia teñen as economías azuis máis grandes de Europa. España representa un quinto do emprego total, seguido de Italia, o Reino Unido e Grecia. Combinados, estes catro Estados membros representan máis da metade do total de empregos relacionados coa economía azul.

Entre os diferentes sectores, o dos ”recursos vivos” (é dicir, a pesca, a acuicultura e o procesamento) creceu un 22% entre 2009-2016. O aumento da sustentabilidade, grazas á política pesqueira común da UE, desempeña un papel importante neste desenvolvemento positivo. Tamén os sectores emerxentes están en auxe. 

O sector da biotecnoloxía marca un crecemento de dous díxitos nos estados membros como Irlanda, e o emprego na industria eólica mariña pasou de 23,7 mil en 2009 a 160 mil en 2016, superando en número ao emprego do sector pesqueiro da UE.

Datos chave da economía azul da UE

Volume de negocios: 566.000 millóns de euros;
Valor agregado bruto Economía azul: 174,2 mil millóns de euros;
Beneficio bruto: 95.100 millóns de euros;
Marxe de beneficio bruto: 16,8%;
Emprego: 3,48 millóns;
1,6% do emprego total da UE;
Investimento neto: 22,2 mil millóns de euros;
Investimento neto a  VAB: 29%;
Salarios anuais medios: 28,3 mil euros
A economía azul representa o 1,3% do PIB total da UE (2016)

Ao facer un seguimento do desenvolvemento dos subsectores da economía azul e examinar os factores subxacentes, o Informe anual sobre a economía azul da UE pode axudar a identificar oportunidades de investimento e proporcionar orientación para as políticas futuras, incluída a  gobernanza oceánica. 

Fonte: Fundación Galicia Europa





Concello de Lugo