Inicio > Novas > Convocatoria Axudas ...


Convocatoria Axudas Injuve para a Creación Xuventude 2018

02/07/2018

O Boletín Oficial do Estado do luns 11 de xuño publica o extracto da convocatoria de Axudas  Injuve para a Creación Xuventude 2017/2018.


Imaxen asociada a nova

Estas axudas están destinadas a mozos creadores dun máximo de 30 ou 35 anos de idade para proxectos a desenvolver durante o ano 2019 en ámbitos como as artes visuais, escénicas, musicais, literarias, deseño, cómic e ilustración.


Os proxectos presentados deben de incluírse nunha destas catro liñas de actuación:


  • Produción de obra, con liberdade de formato e técnica (18 a 30 anos), ata 3.500 €.
  • Mobilidade de obra producida e/ou mobilidade de creadores en espazos especializados, xiras ou residencia (non estudos regrados) en ámbito nacional e internacional (18 a 30 anos), ata 3.500 €.
  • Emprendemento para a creación nova, en e para espazos emerxentes de creación nova, acoutados no tempo, que non signifiquen unha programación anual completa, en ámbito nacional ou internacional (18 a 35 anos), ata 7.000 €.
  • Sala  Amadís do Instituto da Mocidade:  comisariado de exposicións, talleres ou outras actividades de creación emerxente a desenvolver en grupo ou colectivo (18 a 35 anos), ata 7.000 €

Quen pode solicitar as Axudas?


Persoas físicas e xurídicas, de nacionalidade española, e todas aquelas con residencia legal en España, que teñan entre 18 e 30 ou 35 anos de idade, segundo sexa o obxecto da axuda.


Cando se trate de proxectos nos que participen máis dunha persoa, o requisito de idade esixirase a todos os beneficiarios. No caso de grupos musicais e compañías de artes escénicas, o requisito de idade esixirase tanto á dirección artística como ao cadro de interpretación artística.


Cando se trate de persoas xurídicas, o requisito de idade esixirase ás persoas físicas que figuren como representantes nos seus órganos directivos no ano da convocatoria.


Prazos e forma de presentación das solicitudes


As persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas físicas que estean incluídas nas circunstancias indicadas no  art 14.2 da Lei 39/2015 do 1 de outubro están obrigadas a presentar a solicitude a través de medios electrónicos, é dicir por medio do Rexistro telemático do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.


Sempre que sexa posible animámosvos a presentar as solicitudes pola Sede electrónica do Ministerio, con certificado dixital ou cl@ve. Para asinar a documentación recoméndase o uso do programa  Autofirma, podedes descargalo no voso equipo e asinar e preparar a documentación con antelación á presentación.


Na Sede electrónica existe outro formulario para poder achegar documentación adicional.


Esta convocatoria estará aberta desde o 12 de xuño ao 9 de xullo.


Máis información e documentos



Concello de Lugo