Inicio > Novas > Novas regras sobre a...


Novas regras sobre a conciliaciĆ³n familiar

13/07/2018

O Parlamento Europeo traballa en novas regras para permitir que os pais e coidadores concilien mellor o seu traballo e a súa vida privada. 

 

Imaxen asociada a nova

Contar cunhas condicións de traballo máis flexibles e cuns requisitos mínimos a escala europea en materia de permisos para o coidado dos fillos axudaría aos pais que traballan e aos coidadores para conciliar os seus intereses privados e profesionais e non lles forzaría a ter que elixir entre ambos.

Brecha entre homes e mulleres

A taxa de emprego das mulleres situouse no 65% en 2017, mentres que a dos homes chegou ata o 78%. Ademais as mulleres teñen moitas máis posibilidades de traballar a tempo parcial debido a responsabilidades de coidado e ás interrupcións na súa carreira, o que contribúe á brecha salarial e nas pensións por motivos de xénero.

Votación na comisión de Emprego

A comisión parlamentaria de Emprego votou o 11 de xullo as novas normas da UE para impulsar a conciliación entre a vida laboral e persoal. O obxectivo é aumentar a escasa representación das mulleres no mercado laboral, así como os incentivos para que os pais asuman permisos familiares e fomentar a igualdade de xénero e de oportunidades. 

Os eurodeputados avogan por establecer novas normas mínimas máis ambiciosas na UE en materia de permisos de paternidade e para os coidadores.
• Dereito a unha baixa de paternidade paga de polo menos 10 días para os pais ou as persoas que exerzan o seu papel.
• Dereito individual de 4 meses de baixa de paternidade non  transferible ata que o neno cumpra 10 anos.
• Baixa remunerada para traballadores que coidan a parentes gravemente enfermos ou dependentes.
• Os eurodeputados propoñen pagar un mínimo do 78% do salario bruto para pais que se acollan ás modalidades de baixa de 4 meses ata os 10 anos e para os traballadores que deban coidar dun familiar enfermo ou dependente e do 80% durante os dez primeiros días de baixa de paternidade para o pai.
• Os eurodeputados reclaman ademais horarios de traballo flexibles por exemplo a posibilidade de traballar desde casa.

Próximos pasos

As negociacións entre Consello, Comisión e Parlamento comezarán previsiblemente en setembro.


 



Concello de Lugo