Inicio > Novas > Concurso de foto e v...


Concurso de foto e vídeo #DiscoverEU

30/07/2018

O Portal Europeo da Mocidade convoca un concurso de fotografía e vídeo para os mozos que participaron no programa #DiscoverEU  

Imaxen asociada a nova

Período de inscrición
Do 09/07/2018 ao 01/11/2018

Información
Se fuches un dos afortunados cunha viaxe por Europa durante o #DiscoverEU, participa neste concurso de fotografía. A pregunta central da competición é: Onde te levou #DiscoverEU?

Móstranos o que exploraches e descubriches na túa última viaxe e poderías chegar a gañar un premio. Anímaste?

Convoca
Portal Europeo da Mocidade

Requisitos
Debes ser un dos participantes seleccionados na rolda de solicitude de xuño de #DiscoverEU. Para participar no concurso, tes que seguir estes pasos:

- Sobe unha foto ou un vídeo á túa conta de Instagram ou Twitter.
- Utiliza as etiquetas #DiscoverEU, #Competition e #Concurso.
- Engade a localización do teu contido.
- Se é un vídeo, asegúrate de que non dura máis de 15 segundos.

Un moderador verá as túas fotos e vídeos antes de expoñelos nun mapa interactivo. Este proceso pode tardar ata 24 horas entre semana. As entradas dos fins de semana moderaranse os luns.

Se os teus vídeos e as túas fotos cumpren os criterios antes mencionados, poderías converterte nun dos gañadores mensuais de #DiscoverEU.

Dotación
Cada gañador recibirá un bono por valor de 100 euros para unha axencia de viaxes  online.

Os gañadores anunciaranse a principios de cada mes nas contas de Twitter e Facebook do Portal Europeo da Mocidade.

Máis Información
Máis información nas bases oficiais do concurso



Concello de Lugo