Inicio > Novas > Tarxeta sanitaria eu...


Tarxeta sanitaria europea: viaxe seguro por se as cousas se torcen

06/08/2018

Ninguén elixe onde ou cando se pon malo. Evite sorpresas e pida a súa tarxeta sanitaria europea para ter cobertura en toda a UE como no seu país.  

Imaxen asociada a nova

Que é a tarxeta sanitaria europea?

Trátase dunha tarxeta gratuíta que permite aos cidadáns comunitarios acceder á atención sanitaria pública —necesaria por motivos médicos— durante unha estancia temporal en calquera dos 28 Estados membros da UE, ademais de Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza, nas mesmas condicións e ao mesmo custo (a asistencia é gratuíta nalgúns países) que as persoas aseguradas nese país.

Esta tarxeta cobre unicamente a atención médica que se fai necesaria durante unha estancia noutro país da UE, polo que en principio non cobre casos nos que o paciente busca deliberadamente tratamento médico noutro Estado membro. Non é unha alternativa ao seguro de viaxe. Non cobre ningún tipo de atención médica privada ou custos tales como un voo de regreso ao seu país de orixe nin a perda dun obxecto persoal. 

As tarxetas son emitidas polas oficinas da seguridade social de cada país.

Importante – A tarxeta sanitaria europea:

- non é unha alternativa ao seguro de viaxe. Non cobre a asistencia sanitaria privada nin custos tales como o voo de regreso ao seu país de orixe ou a perda ou subtracción das súas pertenzas,

- non cobre os seus gastos se viaxa coa finalidade expresa de recibir tratamento médico,

- non garante a gratuidade do servizo. Como os sistemas de asistencia sanitaria de cada país son diferentes, os servizos que no seu país son gratuítos poden non selo noutros.

Atención: se traslada a súa residencia habitual a outro país, para recibir asistencia médica no seu novo país de residencia non lle serve a tarxeta sanitaria europea; debe darse de alta co formulario  S1.
 



Concello de Lugo