Inicio > Novas > Economía circular: n...


Economía circular: novos obxectivos de reciclaxe da UE

23/08/2018

As novas normas sobre economía circular establecen obxectivos ambiciosos de reciclaxe e vertedoiros para a UE 

Imaxen asociada a nova


A xestión dos residuos dunha maneira máis eficiente é o primeiro paso cara a unha economía circular, onde a maioría, se non todos, os produtos e materiais recíclanse ou se volven a utilizar unha e outra vez.

O luns 16 de abril, os eurodeputados debateron sobre a nova normativa acerca da economía circular, que establece novos obxectivos xuridicamente vinculantes para a reciclaxe de residuos e a redución dos vertedoiros dentro duns prazos fixos.

Obxectivos máis ambiciosos da UE sobre residuos

A Unión Europea contará cun obxectivo común para reciclar polo menos o 55% dos residuos municipais en 2025. Esta meta avanzará ata o 60% en 2030 e ao 65% en 2035.

Tamén terá un obxectivo común para reciclar o 65% dos residuos de envases en 2025, e o 70% para 2030, con obxectivos separados para materiais específicos (consultar PDF adxunto)

Haberá, doutra banda, un obxectivo vinculante para a limitar a vertedura de residuos municipais en vertedoiros ao 10% do total para 2035.

Impacto real dos residuos

A vertedura de residuos ten efectos negativos para medio ambiente, clima, saúde e economía.

A presenza de residuos pode afectar a ecosistemas e diversidade. Poden chegar a contaminar o chan e a auga con substancias químicas e ter graves consecuencias para os animais salvaxes, especialmente a través da inxestión de  microplásticos.

Ademais, se os residuos non se reciclan ou recuperan, as materias primas extraídas e transformadas para fabricar un produto pérdense. Aínda que a xestión dos residuos na UE mellorou considerablemente nas últimas décadas, máis da cuarta parte dos residuos municipais aínda se tira e menos da metade recíclase ou  composta, con amplas variacións entre os Estados membros.

Doutra banda, os vertedoiros liberan metano, un poderoso gas de efecto invernadoiro que resulta prexudicial para o clima.

Fonte: Hablamos de Europa




Concello de Lugo