Inicio > Novas > Concurso para xoves ...


Concurso para xoves directores

29/08/2018

Crees que tes o que se necesita para ser un director de cinema?

Se é así, queremos coñecerche. A UE ofréceche a oportunidade de facer a túa propia curtametraxe #EUandME. O cinco gañadores recibirán unha subvención de 7.500 ? cada un, ademais contarán coa axuda dun importante director europeo para dar vida á súa idea.

Imaxen asociada a nova

1. Quen pode participar?

O concurso está aberto a mozos europeos residentes na UE. Se tes entre 18 e 35 anos, envía a túa proposta antes da data límite (31/10/2018). Só podes participar de maneira individual; as propostas de grupo non se terán en conta. 

2. Envía a túa proposta

Envíanos a túa idea para unha curtametraxe completando o formulario online. 

Tes que enviarnos:

- Unha sinopse escrita da túa curtametraxe (en inglés, e se o inglés non é a túa lingua materna, tamén o podes facer nunha das linguas oficiais da UE).
- Un vídeo curto filmado co teu smartphone (en inglés, e se o inglés non é a túa lingua materna, tamén nun dos idiomas oficiais da UE);
- Unha ligazón a unha curtametraxe que realizases no últimos cinco anos (non hai requisitos de idioma específicos para esta curtametraxe).

As propostas teñen que encaixar nunha deste cinco categorías:

- Mobilidade
- Sustentabilidade
- Capacidades e negocios
- Dixital
- Dereitos

Antes de enviar a túa proposta, le con atención as regras do concurso e as condicións.

3. O xurado

O xurado, composto por cinco directores europeos, revisará as propostas e elixirá os dez finalistas, dous por cada categoría. 

4. O voto do público

A partir de xaneiro de 2019 e durante cinco semanas, os gañadores serán seleccionados mediante unha votación online. O resultado anunciarase aquí, na páxina web do concurso, e nas redes sociais da Comisión Europea. Cada semana estará dedicada a unha categoría: anunciaremos aos dous finalistas na categoría e pediremos á xente que vote polo proxecto cinematográfico que máis lles gustou.

5. Fai a túa película

O cinco gañadores recibirán 7.500 € cada un, para producir, gravar e editar a súa curtametraxe antes do 30/04/2019. Tamén obterán asesoramento durante a rodaxe e a edición por parte dun dos directores membros do xurado.

6. Acode á estrea

O cinco novos directores serán convidados a mostrar as súas curtametraxes nun evento do estreo en xuño de 2019.

Fonte: Eu And Me



Concello de Lugo