Inicio > Novas > A FGE convoca o curs...


A FGE convoca o curso "Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo"

05/09/2018

A Fundación Galicia Europa convoca o curso “Impulsores de oportunidades - Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo”, que terá lugar entre os días 2 e 5 de outubro de 2018.   

Imaxen asociada a nova

O curso ofrece unha formación práctico-teórica sobre desenvolvemento turístico e patrimonio cultural. Tras a elaboración e promoción de distintas rutas e paquetes turísticos, chega o momento da súa implementación e aproveitamento polo sector privado. Todo o traballo dos últimos anos é un nicho de mercado e de futuro para a mocidade emprendedora. Unha oportunidade para a creación de empresas, para conseguir un emprego, para labrarse un futuro na Eurocidade. 

Nesta segunda convocatoria do curso “Impulsores de oportunidades” preténdese aplicar dunha forma práctica e específica os conceptos e aptitudes adquiridas na primeira edición. Trataremos de aplicar os coñecementos de novas técnicas de comunicación así como as novas tendencias no turismo e sempre desde un modo moi práctico con traballos directamente nos campos/rutas a estudar. As últimas tendencias, as dificultades para impulsar novas oportunidades ou a adaptación a novos mercados serán as premisas básicas que van adquirir os participantes, así como as posibilidades de financiamento que a UE proporciona. 

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP). O proxecto ten como obxectivo consolidar a  Eurociudad  Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sustentable. O curso forma parte a actividade “ Eurociudad Intelixente: innovación, emprendemento e internacionalización como alicerces da xeración de emprego e riqueza”, coa finalidade de capacitar aos emprendedores, desempregados e empresarios da  Eurociudad para a creación dos seus negocios, a cooperación entre empresas e empresarios e satisfacer a demanda de profesionais do mercado. Ao longo do proxecto realizaranse dous cursos. 

Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT  Eurociudad Chaves-Verín, sendo os outros socios do proxecto  Eurocidade_2020, FNAJ – Federação Nacional de Associações Juvenis, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto  Português da Juventude e do Desporto, Concello de Verín e o Municipio de Chaves. 


Datas e localización

O curso terá lugar no outono de 2018, concretamente entre os días 2 e 5 de outubro de 2018, no Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín situado en Feces de Abaixo.

Terá unha duración de 32 horas (teórico-prácticas) e desenvolverase en horario de 10:00 a 19:00 horas. 

Participantes

O curso está dirixido a toda a poboación, sen límite de idade e/ou perfil profesional, tanto aos parados como aos empresarios ou emprendedores galegos e portugueses, establecendo un máximo de 15 participantes. 

Ao inscribirse, os participantes comprometeranse a participar no 100% das horas de traballo previstas no programa formativo. A asistencia é obrigatoria para ter dereito ao diploma de aproveitamento do curso.

Inscricións

Esta formación é totalmente gratuíta.

O período de inscrición poderase realizar ata o 20 de setembro. 

Para iso deberán achegar a folla de inscrición e o cv e envialo por correo electrónico á sede da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela.

fges2@fundaciongaliciaeuropa.eu 


Para calquera consulta:

+34 981 95 70 88
+34 981 95 78 54

Fundación Galicia Europa
r/ Hórreo nº 61, baixo
15701 Santiago de Compostela


Programa do curso




Concello de Lugo