Inicio > Novas > Portal dixital único...


Portal dixital único: xestións máis sinxelas a través dun só punto de acceso

21/09/2018

O Parlamento apoia simplificar e axilizar os procedementos administrativos máis comúns na UE 

Imaxen asociada a nova

O pleno do Parlamento Europeo deu o seu visto e prace, o 13 de setembro en Estrasburgo, ao novo portal dixital único, un sistema novo co que a UE facilitará o contacto entre os cidadáns europeos e as administracións públicas.

Xestións como a solicitude dun certificado de nacemento ou un permiso para pór en marcha un negocio serán agora máis sinxelas grazas a este portelo único, en especial en trámites transfronteirizos.

A túa Europa

O portal A túa Europa, dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE, funcionará como punto único de acceso a procedementos como certificados de nacemento, renovación do DNI, reclamacións de pensión, permisos comerciais, cartón de saúde europea, solicitudes de bolsas e recoñecemento de titulacións.

O portal único dixital proporcionará servizos públicos dixitais, receptivos, inclusivos, sen fronteiras e fáciles de usar para cidadáns e empresas a nivel nacional e europeo", destacou a eurodeputada socialdemócrata maltesa Marlene Mizzi, responsable desta negociación no Parlamento.

Modernizar os sistemas nacionais

Os Estados membros deberán modernizar os seus sistemas nacionais para garantir que sexan totalmente accesibles a través de internet, non soamente no idioma do país senón tamén en polo menos outra lingua adicional. Os servizos en liña deberán ser de alta calidade e accesibles para os cidadáns con discapacidades.

Cambios que aforrarán tempo e diñeiro

O portal dixital único permitirá aos cidadáns introducir un documento no sistema unha soa vez, sen ter que reenviarlo con cada xestión.

O novo sistema aforrará aos cidadáns 855.000 horas e 11.000 millóns de euros ao ano ás empresas, segundo a comisaria europea para o Mercado Interior, O?bieta Bie?kowska.

Próximos pasos

Unha vez que os Estados membros aproben as novas regras e o regulamento entre en vigor, as administracións locais, rexional e nacional terán cinco anos para adaptarse. 



Concello de Lugo