Inicio > Novas > Encontro sectorial "...


Encontro sectorial "Mocidade con vocación emprendedora"- "Emprender é fácil, se sabes como"

22/10/2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará na Eurocidade Chaves Verín, o encontro sectorial “Mocidade con vocación emprendedora- “Emprender é fácil, se sabes como” 

Imaxen asociada a nova

Trátase dun encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que apoie o emprendemento entre a mocidade.

CONTIDOS:

- Aprender a desenvolver un “mínimo produto viable”.
-Comprender o concepto de “proposta de valor diferencial”.
-Practicar o “Canvas model” para tomar conciencia dos elementos que conforman un modelo de negocio e entender a súa engrenaxe.

Ponente:  Juan José Romero Crusat, experto en vendas e modelos de negocio.
Data:  8 de novembo de 2018
Horario: 11:00- 13:30 horas
Lugar:   Eurocidade Chaves Verín
            Avda Portugal, s/n
            32699 Verín
            Ourense
    
Proxecto LIDERA.

O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave. 



Concello de Lugo