Inicio > Novas > Galiciaskills 2018: ...


Galiciaskills 2018: V Campionato Galego de FormaciĆ³n Profesional.

01/11/2018

En Galiza terá lugar o V campionato galego de Formación Profesional: Galiciaskills 2018.

Imaxen asociada a nova  



Galiciaskills é un campionato que consiste no desenvolvemento de 25 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, onde o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización de diversas probas.

Os gañadores de cada competición do Galiciaskills 2018, participarán no campionato nacional Spainskills, de onde sairán os participantes para os campionatos Euroskills e Worldskills.

As Skills son as especialidades ou profesións en que haberá competición e que se corresponden cun ciclo formativo das familias profesionais.

A duración de cada competición estará entre media e unha xornada, segundo as características das probas que se teñan que desenvolver.

O Galiciaskills enmárcase dentro da Terceira Semana Europea da Formación Profesional, que este ano céntrase especialmente no futuro da formación profesional, abordando temas como a dixitalización e a internacionalización da formación.

Miles de mozos de toda Europa terán a posibilidade de informarse sobre as oportunidades de formación e de traballo que ofrece a formación profesional en máis de 1000 eventos que se celebrarán en toda Europa ata decembro de 2018.

Mediante a Semana Europea de Formación Profesional, a Comisión Europea pretende concienciar sobre a ampla gama de oportunidades que brinda a formación profesional e, así, animar a máis persoas a que participen e descubran o que pode ofrecerlles.



Concello de Lugo