Inicio > Novas > Obradoiros para a bu...


Obradoiros para a busca de Emprego

06/11/2018

 Do 20 ao 23 de novembre, celebraranse obradoiros para a búsqueda de emprego no Espazo Lab,  Centro de Formación e Orientación Laboral do Concello .

Imaxen asociada a nova

 O Concello de Lugo, en colaboración co Centro de Orientación e Emprego da UNED (COIE), a rede EURES e o Corpo Europeo de Solidariedade, levará a cabo un obradoiro no que se abordarán aspectos clave á hora de buscar emprego e a realidade do mundo laboral.

O prazo de inscripción estará aberto do 5 ao 15 de novembro.

Presentarase e explicarase o funcionamento da rede EURES, o portal de emprego da Unión Europea e o Corpo Europeo de Solidariedade, posibles opcións a ter en conta na búsqueda de emprego.

Os horarios dos obradoiros son de 9:30 a 13:30 e as temáticas divídense nas seguintes xornadas:

DIA 20: “Tomando o pulso á situación laboral”

1. Panorama laboral na Unión Europea.
2. Competencias máis demandadas
polo mercado actual. 
3. Situación laboral en Lugo. 
4. Perfís máis demandados. 
5. ¿Por onde circulan as ofertas de traballo?

DIA 21: “Coñecendo o meu obxectivo profesional”

1. ¿Que opcións teño?
2. Opcións ao remate dos estudios (prácticas, bolsas, etc). 
3. Opcións profesionais: emprego público, emprego privado (cuestións xerais): Autoemprego, o Corpo Europeo de Solidaridade e Traballar nas institución europeas. 
4. Planificando o meu obxectivo profesional.

DIA 22: “Do obxectivo profesional ao plan de acción”
 
1. Marca persoal e busca de emprego.
2. Superar con éxito un proceso de selección. ¿Por onde comezo?
3. ¿O meu currículo vital adáptase ao que estou buscando?
4. ¿Como xestiono as miñas emocións na entrevista de traballo?
5. Novas ferramentas 2.0 para a busca de emprego.

DIA 23: “Practicando o aprendido”

1. Prácticas xerais do obradoiro. 
2. A Rede EURES, o portal de emprego de Unión Europea (coa participación da conselleira Eures en Lugo). 

Para inscribirse é preciso cubrir o formulario que se adxunta e envialo á seguinte dirección de correo: EuropeDirect-Lugo@concellodelugo.org

O prazo para a inscripción estará aberto do 5 ao 15 de novembro

Para máis infomación, pode chamar aos seguintes números de teléfono 982 297 473 / 982 297 361.



Concello de Lugo