Inicio > Novas > Congreso Internacion...


Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro

08/11/2018

Enmarcado no Ano Europeu do Patrimonio Cultural e organizado pola Rede Museística da Deputación de Lugo e e polo Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC, en colaboración coa Deputación de Lugo.

Imaxen asociada a nova  O Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, é o primeiro simposio internacional sobre a ourivería galega. 


Trata de por en valor os recursos patrimoniais e arqueolóxicos da pronvincia luguesa e tenta promover e difundir a ourivaría antiga como fonte de información e documentación.

Este Congreso contribuirá na difusión, relación e na posta en valor das coleccións de ourivería antiga do Museo Provincial e servirá, tamén, para coñecer as diferentes aportacións científicas existentes relacionadas co ouro antigo.

A conferencia inaugural do congreso foi impartida por Marcos Martiñón Torres, cuxo traballo xira en torno á análise científica de artefactos arqueolóxicos. É o encargado do relatorio inaugural do congreso, onde interviu cunha conferencia baixo o título "O ouro de El Dorado: verdades e mentiras sobre unha historia lexendaria". Logo de varios anos liderando un grupo internacional de investigadores como Profesor de Archaeological Sciencia na University College London agora, Marcos Martiñón, ten a Cátedra Pitt Rivers de Ciencia Arqueolóxica na Cambridge University.

Estruturado en catro sesións temáticas, o congreso aborda os seguintes temas:

Terra auris, paisaxe aurífera e circulación do ouro.

Tecnoloxía da ourivería antiga: contribucións do ouro.

Arqueoloxía do ouro. Presente e futuro da investigación en ourivería antiga.

O ouro e os sentidos: A ourivería como símbolo, relación de identidade, xénero, poder/prestixio.



Concello de Lugo