Inicio > Novas > Premios LUX de CINEM...


Premios LUX de CINEMA 2018

13/11/2018

 Styx de Wofgang Fischer, The other Side of Everything de Mila Turajli¿ e Woman at War de Benedikt Erlingsson son as tres finalistas.

Imaxen asociada a nova

Mañá mércores ás 12.00, o Parlamento Europeo votará polo filme gañador do premio LUX de Cinema.

Nesta edición os tres filmes finalistas narran historias conmovedoras a través de mulleres protagonistas, analizan cuestións sobre a felicidade, os valores e a responsabilidade, así como temas relacionados coa  inmigración, o nacionalismo e medio ambiente.

Aqui vai unha breve sinopse dos finalistas:

Styx de Wofgang Fischer: este director austríaco retrata o mundo polarizado no que vivimos e a crise dos refuxiados. O protagonista viaxa nun iate polo atlántico cando despois dunha tormenta atópase preto dun buque cheo de persoas que necesitan desesperadamente axuda. O gardacostas ordénalle por radio manterse á marxe por non estar suficientemente equipado, mais esto choca co seu sentido da responsabilidade social.

The other Side of Everything ( O outro lado de todo), de Mila Turajlić: Este documental serbio conta a historia de todo un país e a sociedade en loita contra o nacionalismo e a defensa pola democracia. É a crónica dunha familia en Serbia que se convirte nun abrasador retrato dun activista en tempos de gran axitación, onde se cuestiona a responsabilidade de cada xeración de loitar polo seu futuro.


Woman at War (Muller na Guerra) de Benedikt Erlingsson: esta saga islandesa é alegre, inventiva, enérxica e feminista, onde unha muller que é profesora de música,  vive unha doble vida como activista ambiental apasionada. Mentras ela comeza a plantexar a sua operación máis audaz, descubre que a sua solicitude para adoptar un neno finalmente foi aceptada e ten unha criatura esperándoa en Ucrania.



Concello de Lugo