Inicio > Novas > ERASMUS PARA A ADMIN...


ERASMUS PARA A ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

15/11/2018

 Dentro do programa “Erasmus para a Administración Pública”, a Comisión Europea organiza períodos de prácticas de dez días destinados a novos empregados públicos dos diferentes Estados Membros que traballen en asuntos relacionados coa UE.

Imaxen asociada a nova  Este programa está organizado pola Escola Europea de Administración (European School of Administration) e conta co apoio da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Seguridade da Comisión Europea. 


O prazo de inscripción xa está aberto e manterase ata o 27 de novembro de 2018. 

O Erasmus terá lugar entre o 5 e o 15 de marzo de 2019.

Os obxetivos do programa xiran en torno a  reforzar o coñecemento e a comprensión das Institucións e as políticas europeas, informar sobre os procedementos de toma de decisón da Unión Europea, mellorar a comprensión dos procedementos administrativos das Institucións europeas e fomentar a cooperación administrativa e contribuir á creación dun espacio administrativo común.

As canditatas e os candidatos deben ser nacionais dun dos 28 Estados Membros, ter unha antigüidade non maior de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes dado pola Escola Europea de Administración, quedando excluídas as candidaturas que xa desempeñasen traballos de calquer tipo dentro das Institucións da Unión Europea.

Os criterios de selección son pertencer a un Grupo ou Categoría que requira estar en posesión dalgún título universitario, que o traballo desempañado na actualidade esté relacionado coas políticas da Unión Europea e estar traballando desde polo menos 6 meses no posto que se desempeñe actualmente na Administración Pública Estatal, nas Administracións das Comunidades Autónomas ou na Administración Local.

Erasmus para a Administración Pública, “Erasmus for Official” consiste na visita a diversas Institución, acudiar a unha serie de conferencias sobre as políticas e métodos de traballo na Unión Europea ou da Secretaría Xeral do Consello da Unión Europea.

As solicitudes para participar enviaranse por correo electrónico á dirección
 tramitacionend.ue@maec.es e deberán achegar a seguinte documentación:
-Carta de autorización asinada polo superior xerárquico competente de emprego público, especificando as datas concretas das prácticas.
-Curriculum Vitae en castelán e en Inglés.

Máis información nesta ligazón




Concello de Lugo