Inicio > Novas > COWORKING LUGO


COWORKING LUGO

22/11/2018

 A 4ª Edición do Espacio coworking terá luga desde Xaneiro ata Junio de 2019.

Imaxen asociada a nova  A convocatoria está aberta a emprendedoras/es con un proxecto empresarial en fase temperá de desarrollo ou cunha empresa creada recentemente.


Unha colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o Concello de Lugo, que conta coa financiación do Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Concello de Lugo.

Desarrollaranse diferentes tipos de actividades

Obradoiros:

 “Lean Start Up: Evaluación e validación do teu plan de negocio”

“Crowfunding”

“Estratexias de comunicación en redes sociais”

“Creatividade e innovación”

“Como pór en marcha un Plan de márketing dixital”


A asistencia é de acceso libre, onde se axudará a emprendedores/as a validar o modelo de negocio con metolodogías áxiles. Tamén a desarrollar as habilidades imprescindíbeis para poñelo en marcha. 

Sesións de formación grupal:

“Finanzas para emprendedores non financieiros”

“Habilidades de Comunicación”

“Xestión do talento nun proxecto emprendedor: deseña a tua equipa”

Mentorización:

Acceso das e dos participantes do coworking a sesións de mentorización por parte de expertos/as, centradas en acompañar ás e ós emprendedoras/os desde o deseño do modelo de negocio ata a sua posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que surxan no camiño.

Eventos:

Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar a rede de contactos (networking) e compartir boas prácticas, contando coa experiencia doutros/as emprendedores/as e empresarios/as.

Clausura: 

 “Demo Day”, onde se presentarán os proxectos participantes no espacio coworking, a sua evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.

Máis info en cwlugo@eoi.es



Concello de Lugo