Inicio > Novas > 25N, Día Internacion...


25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

27/11/2018

 O pasado domingo, 25 N, foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


Imaxen asociada a nova  Todos os anos, o Parlamento Europeo participa na campaña mundial “Orange the World” (Pinta o mundo de laranxa), organizada por Nacións Unidas Mulleres, para concienciar e por fin á violencia contras as mulleres e nenas.


A iniciativa deste ano, #hearmetoo ( #escóitametamén #escúchametambién) dota de protagonismo as voces de mulleres e nenas que sobreviviron á violencia e apoia os diferentes movementos activistas que combaten a violencia machista.

A etiqueta #hearmetoo dá protagonismo ás voces de mulleres e nenas que defenden os dereitos das mulleres día tras día e que pasan á acción, moitas das cais fanno lonxe dos reflectores ou dos titulares mediáticos. Son rostros que probablemente non coñezamos dos periódicos e casos dos cales non oímos falar nos medios sociais. Voces e opinións que deben ser escoitadas.

Esta é unha iniciativa dentro da campaña ÚNETE que comeza o 25 de novembro e exténdese ata o 10 de decembro. 16 días de Campaña Activista nternacional coordinada polo Women’s Global Leadership e feita por activistas arredor de todo o mundo entendida como unha organización estratéxica que apela pola eliminación de todas as fomas de violencia de xénero. 
Faise cada ano entre o 25 de novembro e o 10 de decembro, forman parte dela máis de 6000 organizacións en 187 países.

Se queres máis información, clica aquí



Concello de Lugo