Inicio > Novas > Sexta e Sétima edici...


Sexta e Sétima edición de TecEuropa

29/11/2018

 A Fundación Galicia Europa organiza dúas novas edicións do programa TecEuropa de especialización en financiamento Europeo.

Imaxen asociada a nova  A Fundación Galicia Europa está inmersa esta semana en Bruselas coa primeira parte da sexta e sétima edicións do programa TecEuropa, de especialización en financiamento europeo.


40 participantes seleccionadas/os realizarán a primeira parte da formación de maneira conxunta na capital comunitaria completándoa, cunha parte práctica, en Santiago de Compostela en dúas quendas: 11 e 12 de decembro e 13 e 14 de decembro tamén, respectivamente.

A semana de formación en Bruxelas componse de diferentes explicacións sobre a realidade político-institucional da UE, o marco orzamentario 2014-2020 e os diferentes programas de financiamente existentes. A parte máis teórica da formación é impartida por a Fundación FinnovaRegio. Na presente edición trataranse con maior profundidade a Política de Cohesión a partir de 2020 e os programas Horizonte 2020 (Innovación) e LIFE (medioambiente).

A saído de Reino Unido da Unión Europea, prevista para marzo de 2019, tamén dispón dun espazo no programa formativo que será impartido polo encargado do Brexit na representación permanente de España ante a UE, Ricardo Diez-Hochleitner.

TecEuropa reune a profesionais galegos e galegas do sector público e privado e do terceiro sector especializados en diferentes ámbitos. Así, doce dos participantes do curso proceden de diferentes consellerías e axencias da Xunta de Galicia, como son as consellerías de Medio Rural e Facenda, a Axencia Galega de Innovación, a Axencia de Coñecemento e Saúde ou  o Instituto Galego de Promoción Económica.

As tres universidades galegas tamén forman parte do listado de participantes que se completa coa asistencia de  dous membros do centro tecnolóxico Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (AIMEN).



Concello de Lugo