Inicio > Novas > Por Talento


Por Talento

04/12/2018

 É unha plataforma española cofinanciada pola UE que axuda a personas con diversidad funcional a integrarse no mundo laboral.

Imaxen asociada a nova  Esta plataforma cofinanciada pola Unión Europea permite xestionar alertas de emprego e ofrece asesoramento tanto a quen queira incorporarse a unha empresa, como aos emprendedores. Ademáis aporta información sobre lexislación e axudas económicas do governo, así como fomentar o interés das empresas a través de diversas iniciativas.


Por Talento traballa por unha Europa máis inclusiva. Máis de 30.000 persoas con diversidade funcional encontraron un emprego gracias a esta plataforma especialmente adaptada ás suas necesidades.
Trátase dun sito web innovador que conta con 200.000 usuarios desde a sua creación en 2009. En 8 anos, máis de 37.000 usuarios/as de programas contra a discriminación laboral por diversidade funcional firmaron un contrato de traballo e máis de 48.000 participaron nalgún curso formativo.

Nunha mesa redonda de debate sobre a situación laboral actual, unha das principais conclusións entre representantes da Fundación ONCE e da Unión Europea, moderada por Mujeres a Seguir, é a loita para que mulleres con diversidade funcional logren a independencia e a integración, xa que as mulleres que padecen algunha diversidade teñen a tasa de actividade moi por debaixo das mulleres sen discapacidade. 

As cifras son claras e indican que hai que seguir avanzando. Ademais, este labor afecta ó conxunto da sociedade, por iso o apoio da Unión Europea é esencial, para aportar valor á vida dos seus cidadáns e cidadás.

En 2017 a tasa de paro entre as persoas con diversidade funcional supera en nove puntos á do resto de desempregados en España, segundo un informe da propia ONCE.

De este modo, Por Talento convírtese nun referente dentro do mercado laboral para personas con diversidade funcional. Gracias ó apoio da UE, a través desta plataforma xestiónase a maior bolsa de traballo deste sector que conta con claras desvantaxes á ahora de acceder a un emprego.



Concello de Lugo