Inicio > Novas > Protección de datos:...


Protección de datos: acabáronse os abusos

12/12/2018

A tecnoloxía global avanza e presenta novos riscos, mais Europa está preparada gracias á reforma dos seus regramentos

Imaxen asociada a nova  As novas tecnoloxías permítennos estar conectados en todo momento, mais tamén abren a porta a novas ameazas na nosa privacidade. As e os eurodiputadas/os estiveron traballando desde 2012 nunha reforma da lexislación sobre protección de datos para garatir que os cidadáns teñan o control da súa información persoal no mundo dixital.  O parlamento aprobou a nova normativa no pleno de abril de 2016.


Esta reforma pretende devolver ás e ós cidadáns o control dos seus datos persoais e garantir en toda a Unión Europea uns estándares de protección elevados e adaptados á entorna dixital. Tamén inclúe novas normas mínimas sobre o uso de datos para fins xudiciais e policiais.

As novas regras inclúen:

O dereito ó “olvido”, mediante a rectificación ou supresión de datos persoais.

A necesidade de “consentimento claro e afirmativo” da persoa concernida ó tratamento de datos persoais.

A “portabilidade”, o dereito a trasladar os datos a outro proveedor de servicios.

O dereito a ser informado se os datos persoais fosen pirateados,

Linguaxe clara e comprensible sobre as cláusulas de privacidade.

Multas de ata o 4% da facturación global das empresas en caso de infracción.

O novo paquete de protección de datos tamén inclúe unha directiva sobre transmisión de datos para cuestións xudiciais e policiais. Aplicaranse intercambios de datos transfronteirizos dentro da UE e establecerá estándares mínimos para o tratamento de datos en cada país.

A intención é protexer as persoas implicadas nas investigacións policiais ou procesos xudiciais, sexa como víctimas, acusados ou testemuñas, mediante a clarificación dos seus dereitos e o establecemento de límites na transmisión de datos para prevención, investigación, detención e enxuizamento de delitos ou a imposición de penas.

Este regramento entrará en vigor 20 días despois da súa publicación no Diario oficial da UE. As súas disposicións serán de aplicación directa en todos os Estados membros dous anos despois.

Os países membros terán un prazo de dous anos para trasladar os cambios da directiva á lexislación nacional.



Concello de Lugo