Inicio > Novas > As Universidades Gal...


As Universidades Galegas e a Economía da Auga

14/12/2018

 

Imaxen asociada a nova  As universidades galegas ensaian cun protocolo para reducir o consumo de auga e enerxía.


A Cátedra Aquae de Economía da auga está deseñando un protocolo de actuación ambiental nas universidades galegas para lograr 6 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados polas Nacións Unidas na Conferencia Rio+20 en 2013.

Dito protocolo procura medir e analizar o consumo de auga e enerxía nas universidades galegas co obxetivo dun uso máis eficiente destes recursos. Tomando como mostra a facultade da UNED en Pontevedra, analisarase o consumo de auga e enerxía, así como os factores que o determinan, as posibles melloras e as dificultades que existan;  establecerase un un proxecto piloto, para logo aplicar un protocolo a seguir no resto de centros universitarios.

A Cátedra Aquae de Economía da auga publicará na súa web toda a información e os resultados deste proxecto e organizará diferentes encontros con axentes do ámbito universitario para expoñerlles o proxecto e estudar as posibles formas de replicalo nos seus propios centros.

Os ODS que este proxecto conta alcanzar son:

6) Da auga e a súa xestión sostible; saneamento para todos.

7) Garantir o acceso de todos e todas a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna.

9) Infraestruturas resilientes e promover a industrialización.

11) Garantir modalidades de consumo e producción sostibles.

13) Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.

A Cátedra Aqua de Economía da auga é o resultado do convenio de colaboración asinado entre a UNED e Fundación Aquae co obxectivo de realizar actividades de investigación, transferencia, divulgación, docencia e innovación sobre a Economía da auga. Os seus esforzos céntranse en avanzar na investigación sobre a xestión sostible da auga, a través da publicación de artigos, a participación en proxectos de investigación nacionais e europeos e a visualización de investigacións en congresos.



Concello de Lugo