14/12/2018
A Cátedra Aquae de Economía da auga está deseñando un protocolo de actuación ambiental nas universidades galegas para lograr 6 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados polas Nacións Unidas na Conferencia Rio+20 en 2013.
As universidades galegas ensaian cun protocolo para reducir o consumo de auga e enerxía.
A Cátedra Aquae de Economía da auga está deseñando un protocolo de actuación ambiental nas universidades galegas para lograr 6 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) fixados polas Nacións Unidas na Conferencia Rio+20 en 2013.
Dito protocolo procura medir e analizar o consumo de auga e enerxía nas universidades galegas co obxetivo dun uso máis eficiente destes recursos. Tomando como mostra a facultade da UNED en Pontevedra, analisarase o consumo de auga e enerxía, así como os factores que o determinan, as posibles melloras e as dificultades que existan; establecerase un un proxecto piloto, para logo aplicar un protocolo a seguir no resto de centros universitarios.
A Cátedra Aquae de Economía da auga publicará na súa web toda a información e os resultados deste proxecto e organizará diferentes encontros con axentes do ámbito universitario para expoñerlles o proxecto e estudar as posibles formas de replicalo nos seus propios centros.
Os ODS que este proxecto conta alcanzar son:
6) Da auga e a súa xestión sostible; saneamento para todos.
7) Garantir o acceso de todos e todas a unha enerxía alcanzable, segura, sostible e moderna.
9) Infraestruturas resilientes e promover a industrialización.
11) Garantir modalidades de consumo e producción sostibles.
13) Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
A Cátedra Aqua de Economía da auga é o resultado do convenio de colaboración asinado entre a UNED e Fundación Aquae co obxectivo de realizar actividades de investigación, transferencia, divulgación, docencia e innovación sobre a Economía da auga. Os seus esforzos céntranse en avanzar na investigación sobre a xestión sostible da auga, a través da publicación de artigos, a participación en proxectos de investigación nacionais e europeos e a visualización de investigacións en congresos.