Inicio > Novas > Fundación Galicia Eu...


Fundación Galicia Europa: Convocatoria de Bolsas en Europa

20/12/2018

Bolsas para titulados superiores universitarios e en formación profesional en asuntos europeos.

Imaxen asociada a nova  O  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 20 de decembro de 2018 as bases reguladoras do programa de bolsas de formación en asuntos europeos da Fundación Galicia Europa para o ano 2019 nas súas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas. O mes que vén publicarase a convocatoria na que se comunicará o número exacto de bolsas e a súa duración.


Nas bases poden xa consultarse os tres tipos de bolsa que haberá:

Comunicación

Asuntos Europeos

Apoio administrativo.

Os requisitos para presentarse, a documentación requerida e os criterios de adxudicación. 

Por primeira vez a presentación de solicitudes será obrigatoriamente en formato electrónico a través dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365

Unha vez que sexa publicada a convocatoria, darase un mes de prazo para presentarse. 
nismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluido o sistema de usuario e clave Chave365

Unha vez que sexa publicada a convocatoria, darase un mes de prazo para presentarse. 



Concello de Lugo