logotipo ALUCEM

Asociacin lucense de esclerosis mltiple

Enviar amigo Imprimir

XORNADAS INFORMATIVAS EN LUGO SOBRE ESCLEROSIS MÚLTIPLE

26/11/2008 O ALCALDE DE LUGO INAUGURA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE ESCLEROSIS MÚLTIPLE

Imaxen asociada a nova Organizada por ALUCEM intenta aclarar as dúbidas dos afectados e dos seus familiares.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou unhas xornadas sobre esclerosis múltiple organizadas pola asociación Alucem (Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple).

Baixo o título de Ponte en mi lugar estas xornadas abertas pretende informar ás persoas afectadas, ós seus familiares e apoboación dunha enfermidade dosistema nervioso central e que afecta ó cerebro e a médula espinal.

Destacados profesionais aclararon ós asistentes a dúbidas sobre novos tratamentos e orientacióna a como realizalos así como o procedemento a seguir.

As visións psicolóxicas dos afectados e dos seus familiares da esclerosis forontratados polo psicólogo de Alucem Carlos González e o psicólogo clínico Ramiro J. Álvarez. Estes profesionais intentaron transmitir o modo de afrontar a enfermidade, como deben asimilala e aceptala os pacentes, así como a actuación da familia no acompañamento do enfermo sem caer na sobreprotección.

Outro dos temas que máis interesaron ós asistentes foron as liñas básicas de funcionamento da Lei de Dependencia, coa que o Concello de Lugo está fortemente implicado.