Logotipo
Inicio > Proxectos > LUGO EMPREGO ACTIVO 2

LUGO EMPREGO ACTIVO 2

Imaxen asociada a nova

O proxecto Lugo Emprego Activo 2 é un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do programa Adaptabilidade e Emprego.

Ten como obxectivos facilitar o acceso e a reincorporación ao mundo laboral das persoas que sofren algún tipo de dificultade para integrarse ou reintegrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todas e a todos.

As persoas que participan no proxecto entran a formar parte dun itinerario de inserción sociolaboral.

Formación teórico-práctica, encamiñada a desenvolver as capacidades das persoas participantes e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a súa inserción no mercado laboral.

Prácticas en empresas. Búscase que as persoas participantes poñan en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas.

Durante todo o proceso as beneficiarias e os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte dos profesionais do proxecto.

Fases 3ª e 4ª
OFERTA FORMATIVA



Documentos


Bases de participacion FASES 3 4.pdf


Cooperación
Concello de Lugo